Comezan a repoñer o firme no Camiño da Cascalleira
Por Redacción
Comezaron esta semana os traballos de contención e de reposición do firme no Camiño da Cascalleira, en Allaríz, na parroquia de Santomé de Piñeiro, segundo incia o concelleiro Pablo Novas, responsable de Medio Rural.
O firme e a chaira atopábase en mal estado ao deteriorarse. Nesta obra acométese a construción dunha estrutura de contención e a formación dun novo firme máis ríxido, segundo indica o concelleiro, que se achegou ata a zona para comprobar os traballos. Ademais está previsto que se limpen as cunetas.
A obra foi adxudicada á empresa Construcións Caldevergazo por un importe de 37.268 euros, que se pagarán a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, segundo informa o goberno local de Marín.
Relacionadas:
-
Continúa a mellora das vías rurais en Marín coa reforma do camiño que une o Lavadoiro da Moureira con As Canles
Por Redacción |
-
A derriba do muro da Travesía República Arxentina despexa o trazado da nova rúa
Por Redacción |
-
A Xunta chama os afectados polas expropiacións no río Lameira
Por Redacción |