Detida unha mujer de 67 anos que vendía cocaína a mozos en Pontevedra
Por Redacción
Unha muller de 67 anos foi detida pola Policía Nacional de Pontevedra tras ser sorprendida vendendo cocaína a diversos mozos desde un coche co que percorría de maneira periódica a cidade de Pontevedra.
Á detida, segundo informou a comisaría pontevedresa, investígaselle por un delito contra a saúde pública.
A investigación policial comezou cando os axentes constataron que en varios puntos da cidade estaba a venderse droga polo miúdo.
Durante a súa vixilancia, os investigadores observaron como esta muller vendía desde o seu vehículo diversas doses de substancias estupefacientes a mozos, deténdoa nese momento.
A muller, que xa tiña antecedentes por feitos similar, levaba encima máis de 50 gramos de cocaína e uns 1.000 euros en efectivo cando foi arrestada.