Sae a licitación a nova senda peonil da praia de Aguete
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o proceso de licitación para contratar a construción da nova senda peonil da praia de Aguete, en Marín, que busca facilitar a entrada das persoas a este concorrido areal.
As obras buscan a mellora da mobilidade na estrada EP-1205, o vial de acceso á praia, e supoñen un investimento de 230.840 euros, que serán financiados integramente pola Deputación.
O convenio asinado co Concello de Marín para realizar esta obra recolle que a Administración local debe pagar o 30%, pero vanse financiar con cargo ao Plan Concellos da Deputación.
As empresas interesadas en acometer a obra teñen de prazo ata o 12 de maio para a presentación de ofertas.
Os traballos comprenderán a ampliación da superficie do citado viario e a creación na marxe dereita da senda peonil, de 2,5 metros, separada da calzada. Amais, dotarase dunha beiravía de 50 centímetros de ancho na súa marxe esquerda e dunha cuneta de seguridade desta mesma anchura. As obras completaranse coa dotación de sinalización horizontal e vertical.
O proxecto segue o modelo de mobilidade sostible e amable da Deputación ao transformar o tramo nun itinerario seguro. O acceso á praia de Aguete, moi concorrido sobre todo nos meses de verán, non dispón na actualidade de unha zona para a circulación peonil que garanta a seguridade das persoas usuarias, o que fai que as e os peóns se vexan obrigados a invadir a calzada para poder acceder á praia.
Relacionadas:
-
Rematada a senda peonil que fai máis seguro o acceso á praia de Aguete
Por Redacción |
-
Comezan as obras da senda peonil que mellorará o acceso á praia de Aguete
Por Redacción |
-
Operacións de limpeza nos aparcadoiros gratuítos de Marín
Por Redacción |
-
A Deputación asumirá todo o investimento para mellorar o acceso á praia de Aguete en Marín
Por Redacción |
-
Unha senda peonil mellorará o acceso á praia de Aguete
Por Redacción |