Rematada a senda peonil que fai máis seguro o acceso á praia de Aguete
Por Redacción
A senda peonil de acceso a pé á praia de Aguete, en Marín, está xa rematada e permite aos peóns chegar ata o areal en óptimas condicións de seguridade.
Isto é resultado dunhas obras recentemente rematadas froito dun convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Marín. O 70% sufragouno a institución provincial e o 30% restante a local.
A Deputación investiu máis de 215.000 euros. Dado que Marín decidiu empregar recursos do Plan Concellos da Deputación para sufragar a súa porcentaxe correspondente, o financiamento íntegro desta actuación procede de fondos da institución provincial.
Trátase dunha actuación enmarcada no proxecto de mellora da mobilidade na EP-1205. Por esta zona transcorre un elevado número de persoas especialmente nos meses de verán, que ata agora non contaban cunha zona adaptada á circulación peonil cunhas axeitadas condicións de seguridade para o tránsito a pé.
Antes da actuación as e os peóns víanse na obriga de invadir a calzada para poder acceder á praia de Aguete e agora contan cunha senda peonil de 2,5 metros de ancho na marxe dereita da vía e totalmente separada da calzada mediante fitos.
Ademais, as obras na EP-1205 incluíron tamén a dotación dunha nova beiravía de 50 centímetros de ancho na marxe contraria e unha cuneta de seguridade do mesmo ancho para facilitar a permeabilidade peonil, e mais a renovación da sinalización horizontal e vertical.
Relacionadas:
-
Marín dá a benvida ao verán co izado de Bandeiras Azuis e o inicio do servizo de socorrismo nas praias
Por Redacción |
-
Marín estrea a nova senda peonil e ciclista entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |
-
Comezan as obras da senda peonil que mellorará o acceso á praia de Aguete
Por Redacción |
-
A Xunta executará ou activará 10,1 millóns de euros en investimentos ao longo deste ano en Marín
Por Redacción |
-
Sae a licitación a nova senda peonil da praia de Aguete
Por Redacción |