Unha persoa intoxicada por unha fuga de gas polo mal funcionamento dun quentador na Rúa Nova
Por Redacción
Un home de 48 anos tivo que ser trasladado ao Hospital Montecelo na madrugada deste luns tras sufrir unha intoxicación supostamente provocada por unha fuga de gas derivada do mal funcionamento dun quentador.
Ocorreu sobre as dúas da madrugada nun piso da Rúa Nova de Arriba e foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencias.
Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o alertante pediu axuda porque a persoa logo trasladada non espertaba.
Desde o 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Pontevedra, de Protección Civil, da Policía Local e da empresa subministradora do gas.
Cando os bombeiros chegaron ao a casa, confirmaron que había unha fuga de gas procedente dun quentador. A continuación, realizaron medicións preventivas no resto de pisos do edificio.