Recupérase o diálogo entre os representantes sindicais e o Concello de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Os delegados de AFUMPO, CCOO, CIG, CSIF, SPPME e UXT no Concello de Pontevedra, mantiveron este mércores unha reunión coas concelleiras, Carme Fouces e Eva Villaverde, e o director de Recursos Humanos, José Manuel González Abal.
A reunión levou a cabo despois dun novo desencontro entre ambas as partes por mor da convocatoria desta cita.
Á saída do encontro os representantes sindicais lamentaron que sobre a mesa non houbese "ningún documento novo sobre o que traballar, nin proposta concreta distintiva á xa presentada. Púxose en evidencia que se trataba máis dunha sobreactuación para contraprogramar a convocatoria feita polos sindicatos, que unha vontade real de dialogo".
Os sindicatos con representación na Xunta de Persoal recoñeceron que nesa reunión vivíronse "momentos tensos e con reproches por ambas as partes".
Pero, como "mostra de boa vontade", a representación legal dos traballadores do Concello propuxo que a próxima semana Carmen Fouces convoque unha mesa de negociación coa orde do día consensuado e que incluiría a aprobación do regulamento das mesas de negociación do Concello de Pontevedra e a actualización e aplicación do acordo da relación de postos de traballo aprobado na mesa xeral de negociación no ano 2019 e aprazado polo Goberno pola pandemia.
Nesa mesa de negociación tamén se abordaría o proceso de estabilización Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución dá temporalidade no emprego público.
Relacionadas:
-
Carmen Fouces, a CC.OO e UXT: "Negociarei cando queiran, onde queiran e no sitio que mellor prefiran"
Por Redacción |
-
UGT e CCOO urxen a Lores que sente as bases de negociación para resolver o conflito laboral no Concello
Por Diana Eiras & Anxo Lourido |
-
Un novo plantón dos sindicatos impide iniciar o proceso de funcionarización do persoal laboral
Por Oskar Viéitez |
-
A falta de cuórum impide tratar a funcionarización do persoal laboral do Concello
Por Redacción |