A falta de cuórum impide tratar a funcionarización do persoal laboral do Concello
Por Redacción
A falta de quorum impediu este luns que o Concello de Pontevedra reunise a Mesa Xeral de Negociación no Teatro Principal na que se ía tratar o proceso de recalificación das prazas do persoal laboral fixo e indefinido do Concello. Esta é o Mesa número 18 sen asistencia dos representantes sindicais, recalcan desde o goberno local.
A concelleira de Persoal, Carmen Fouces, explicou que soamente asistiu o sindicato CIG que, de xeito informal, puxo sobre a mesa algunhas suxestións para o proceso e que presentará en Rexistro Municipal nos vindeiros dous días. Ao mesmo tempo, o departamento de Persoal deu por recibido un escrito de UGT que tamén facía apreciacións para este proceso.
Carmen Fouces indicou que volverá a convocar unha nova Mesa despois de Semana Santa, “e agardo que desta vez sexa unha data acaída para que poidan vir todos os sindicatos”. Para aquela estarán redactados os informes necesarios para a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) “porque a recalificación das prazas ten que estar realizada antes do 31 de maio” segundo recolle a lei.
O Concello de Pontevedra dispón 17 postos de persoal laboral fixo e 21 de persoal indefinido. O propósito deste proceso é dar estabilidade a este persoal que, en moitos casos, vén realizando as súas funcións dende hai anos.
Relacionadas:
-
Recupérase o diálogo entre os representantes sindicais e o Concello de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
UGT e CCOO urxen a Lores que sente as bases de negociación para resolver o conflito laboral no Concello
Por Diana Eiras & Anxo Lourido |
-
Un novo plantón dos sindicatos impide iniciar o proceso de funcionarización do persoal laboral
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello quere iniciar o proceso de funcionarización do persoal laboral municipal
Por Redacción |
-
Convocan unha reunión da Mesa Xeral de Negociación do Concello de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Pitos á entrada da mesa de persoal do Concello, que se suspende por falta de quórum
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
A Xunta de Persoal do Concello sopesa a convocatoria de folga por "un conflicto laboral con la totalidad de la plantilla"
Por Diego Espiño |