Temor no comité de fábrica de Ence ante a falta de convocatoria da Mesa de Diálogo e o proxecto fabril de Altri
Por Diana Eiras & Anxo Lourido
Un grupo de traballadores da factoría de Ence en Lourizán concentrábanse na mañá deste venres 6 diante da Subdelegación do Goberno ante unha notable presenza de forza policial. A convocatoria, realizada pola maioría do comité de empresa da fábrica, tiña como principal obxectivo demandar unha nova convocatoria da Mesa de Diálogo que organiza o Ministerio de Transición Ecolóxica con todas as partes.
Toño Lafuente, presidente do comité de empresa de fábrica, indicaba que a promesa do Goberno era que a finais de abril se establecería unha nova reunión para presentar os informes e a documentación. Con todo, ata a data non obtiveron resposta por parte da Subdelegación, que é o organismo que canaliza oficialmente o contacto entre os representantes dos traballadores e o Ministerio que dirixe Teresa Ribera.
No comité tamén carecen de información sobre a decisión do Goberno de encargar ao Grupo Tragsa, de capital público, a procura de solo industrial en Galicia para un posible traslado, segundo publica este venres a xornalista María Boullosa en Diario de Pontevedra. Lafuente recoñecía que só sabía que se falou das universidades de Vigo e de Santiago pero continuaban sen noticias desde o mes de outubro.
Os últimos movementos por parte da empresa portuguesa Altri para crear un complexo fabril en Palas de Rei incrementou a preocupación entre o persoal da pasteira en Lourizán. Toño Lafuente afirma que lle resulta "curioso" que a mesma empresa, enxeñería Idom, que elaborou un informe para o Grupo Ence descartando a Palas de Rei como lugar para unha recolocación da fábrica pontevedresa afirmando que non existe unha alternativa en Galicia sexa agora quen ofreza esa opción a Altri. "Parece que están xogando con nós", laméntase o presidente do comité, que lembra as palabras do sector forestal indicando que non hai suficiente capacidade de madeira autóctona para tanta factoría.
Tamén mostra a súa sorpresa pola actuación da Xunta de Galicia apoiando o proxecto de Altri e atopando tantas hectáreas no centro de Galicia para esta nueva iniciativa empresarial. "Non hai comunicación entre as partes", apunta Toño Lafuente, que insiste en manifestar que a dirección de Ence na primeira Mesa de Diálogo comprometeuse ante a ministra Teresa Ribera a estudar as opcións en Galicia.
Toño Lafuente: "Parece que están a xogar con nós"
Desde o comité de fábrica insisten en que eles apostan pola vía xudicial coa esperanza de que o Tribunal Supremo anule a sentenza da Audiencia Nacional que considerou ilegal a prórroga da factoría en Lourizán, pero que están a buscar outras alternativas por se o máximo tribunal obrígaos a abandonar este espazo. " Quen non quere seguir traballando en Pontevedra? o que non queremos é quedar na calle", preguntouse Lafuente ante as críticas recibidas pola presidenta do comité de Oficinas Centrais de Ence, Ana Cedeira.
O comité aínda non decidiu se apoiará a marcha convocada o 27 deste mes entre a fábrica e o Porto de Marín, organizada polo Comité de empresa de Oficinas Centrais de Ence; a asociación Seforcel; a Coordinadora de empresas auxiliares de Ence e a sección sindical de Comisións Obreiras no Grupo Ence. En todo caso, Toño Lafuente indicou que a adscrición dos terreos que actualmente ocupa a fábrica na ría pontevedresa ao Porto de Marín non resolve o problema ao entender que se a resolución do Tribunal Supremo incide en anular a prórroga, "a empresa non pode quedar alí". Por este motivo, insisten en buscar unha solución definitiva para a factoría que garanta o futuro do persoal actual de Ence.
Relacionadas:
-
O Porto quere os terreos de Lourizán "con ou sen Ence"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Unha marcha agradecerá este venres á Autoridade Portuaria a petición da adscrición dos terreos de ENCE ao porto de Marín
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O traballador de ENCE acusado de atentar contra Lores elude a prisión e acepta pagar unha multa de 180 euros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Convocada unha protesta ante a Subdelegación para recuperar a mesa de diálogo sobre Ence
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A espada de Damocles que pende sobre ENCE
Por Alejandro Espiño |