A Xunta licita as obras de saneamento na contorna do río Lameira
Por Redacción
A Xunta licitou este venres as obras de saneamento na contorna do río Lameira, en Marín, que suporán un investimento de máis de 3,3 millóns de euros.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, así o comunicou no encontro informativo que mantivo esta mañá coa Asociación de Construtores de Pontevedra, onde detallou a contratación desta actuación.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle a licitación da intervención, cun prazo de presentación de ofertas que rematará o vindeiro 14 de xuño.
O obxectivo é mellorar a rede de saneamento da zona do río Lameira, renovando o colector nunha lonxitude de 1.600 metros, desde a PO-313, en Coirados, ata a ponte Zapal, no casco urbano, a partir de onde o río vai canalizado ata a desembocadura.