Cinco persoas detidas e tres puntos de venda de droga erradicados no centro de Vilagarcía
Por Redacción
Durante os últimos días, axentes da Policía Nacional da comisaría local de Vilagarcía de Arousa lograban deter cinco veciños do municipio como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas.
O operativo establecido permitiu interceptar a estas persoas cando levaban a cabo diferentes transaccións de droga na vía pública. Entre as substancias que distribuían atopábase cocaína, heroína e marihuana.
Este dispositivo inclúese nas múltiples accións que afrontan os axentes para evitar a actividade de venda polo miúdo e pequeno tráfico de substancias estupefacientes en distintos puntos de Vilagarcía. O obxectivo céntrase en erradicar puntos negros de venda de drogas, que provocan unha continua trasfega de persoas drogodependentes que acoden a adquirir as súas doses.
A Policía Nacional destaca, neste caso, a colaboración cidadá que informou destes puntos de venda a través da delegación de participación cidadá da comisaría, con contactos de asociacións veciñais e comerciantes da contorna.
Con esta intervención desarticuláronse tres puntos negros de venda en parques e zonas de lecer. Os axentes incautáronse de diñeiro en efectivo e varias doses de cocaína, marihuana e heroína.
Relacionadas:
-
Novo golpe á venda de droga polo miúdo en Vilagarcía cun detido
Por Redacción |
-
Condenada a ano e medio de cárcere unha muller que vendeu 0,082 gramos de heroína por dez euros
Por Redacción |
-
Detido un home que golpeou dous policías en Vilagarcía cando ían identificalo por insultos
Por Redacción |
-
Un pai e un fillo, entre os catro detidos por venda de drogas en pleno centro de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Importante golpe contra a loxística do narcotráfico con epicentro en Cambados
Por Natalia Puga | Creada e actualizada