Peche de circulación na rúa San Mauro entre o 23 e o 27 de maio
Por Redacción
O Concello de Pontevedra anunciou o peche á circulación rodada da rúa San Mauro durante varias xornadas debido a obras.
En concreto trátase de obras da empresa concesionaria do servizo de auga, Viaqua.
Este corte producirase entre os días 23 e 27 de maio no tramo comprendido entre a rúa Carrasqueira e a rúa Virxinia Pereira.
Segundo o plan de tráfico elaborado pola Policía Local, a circulación nos dous sentidos do tramo afectado será desviada pola rúa Carrasqueira.
O único acceso posible será para a entrada e saída de garaxes e para servizos.