Cruz Vermella Pontevedra ofrece axuda contra o fracaso escolar
Por Redacción
A preocupación polos elevados índices de fracaso escolar empurrou a Cruz Vermello Español a promover o Proxecto de Promoción do ÿxito Escolar, que teñen como obxectivo axudar aos escolares de familias en dificultades.
Así no centro de Pontevedra un total de 20 voluntarios atenden a catro grupos de apoio escolar no que participan 96 nenos de idades entre os seis e os 14 anos.
Este programa de Cruz Vermella pretende "mellorar as condicións de acceso e adherencia ao proceso escolar como o mellor xeito de fomentar o desenvolvemento social e persoal dos nenos participantes".
Cada tarde o equipo de voluntariado en Pontevedra realiza "de forma próxima e personalizada" o acompañamento educativo, ensinándolle aos menores técnicas de estudo ou como aprender a preparar un exame.
Ademais ao rematar as tarefas organízase un espazo de xogos que pretende mellorar a socialización dos nenos e a súa mellor comunicación cos demais.
Segundo informa Cruz Vermella, nos últimos tres meses o centro de Pontevedra axudou ás familias co inicio do curso escolar "realizando compras de material escolar e libros de texto para 312 nenos", un material que, apuntan, conseguiron grazas a recursos propio e ao apoio de entidades coa Fundación Carrefour ou o BBVA.