Sesenta profesionais sanitarios de Montecelo invocan ao Apóstolo tras peregrinar a Santiago
Por Redacción
Máis de 60 profesionais sanitarios que desempeñan o seu labor no Hospital Montecelo culminaron esta fin de semana unha peregrinaxe que nas últimas semanas os levou a percorrer o Camiño de Santiago por etapas repartidas en distintas xornadas.
O colofón foi a súa asistencia na tarde deste sábado á Misa do Peregrino na Catedral de Santiago. Durante a celebración litúrxica, o xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, efectuou a invocación ao Apóstolo en nome do persoal do Hospital Montecelo
Ademais, na misa no templo compostelán tamén interveu en representación dos sanitarios peregrinos, a enfermeira María Jesús Espiña.
Esta peregrinaxe estivo coordinado polos capeláns hospitalarios Saúl Retamozo e Pablo Carou.