Detido un home de 33 anos que vendía droga nunha fábrica abandonada de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un home de 33 anos foi detido pola Policía Nacional por vender cocaína en pequenas doses nas antigas instalacións dunha fábrica abandonada da cidade de Pontevedra.
Ao detido, ao que se lle investiga como autor dun delito contra a saúde pública, incautáronselle 915 euros en efectivo e varias doses de cocaína preparadas para a venda.
Durante a investigación policial, os axentes observaron como o detido recibía aos compradores, principalmente xente nova, na antiga fábrica e lles vendía a droga.
Con esta detención, a Policía Nacional considera desarticulado un dos puntos negros de venda de drogas que había en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Condenada a ano e medio de cárcere unha muller que vendeu 0,082 gramos de heroína por dez euros
Por Redacción |
-
Un mozo de 18 anos, detido por vender haxix e marihuana nas inmediacións dun instituto
Por Redacción |
-
Detido un pontevedrés de 34 anos que trapicheaba con cocaína e haxix
Por Oskar Viéitez |