Un camión accidentado en Lourido atasca o vial durante varias horas
Por Redacción
O accidente que sufriu un camión en Lourido, nas inmediacións do centro loxístico de Froiz, provocou o atasco do vial de circulación durante varias horas.
Foi sobre as dúas e media da tarde, segundo informa a Policía Local de Poio, que tivo que desviar temporalmente o tráfico, ao quedar inutilizado o carril en dirección a Pontevedra.
As rodas traseiras da cabina do camión quedaron atascadas nun chanzo que dá ao paseo, despois de que o vehículo fixese o que se coñece como 'tesoira'.
Unha vez que se logrou retirar o camión, a circulación quedou restablecida. Non se produciron feridos.