A Xunta investiu 11 millóns de euros en obras de seguridade viaria en Ponte Caldelas en cinco anos
Por Redacción
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investiu nos últimos cinco anos preto de 11 millóns de euros en obras en materia de conservación no Concello de Ponte Caldelas. Así o manifestou a directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Ethel Vázquez, durante a súa intervención na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.
Nestes momentos, segundo dixo Ethel Vázquez, a Axencia está a priorizar aquelas actuacións de conservación e mellora de seguridade viaria nos puntos nos que se detectan problemas dende unha "visión global" das necesidades da rede de estradas da Xunta.
Vázquez subliñou que "a estratexia da AXI é a optimización dos recursos públicos para garantir a conservación e mantemento das estradas. A situación actual de crise económica obriga ás Administracións Públicas a adoptar medidas desta índole co obxecto de blindar os servizos básicos dos cidadáns".