Accións vandálicas en Poio con danos no mobiliario público
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1af/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62a04e345a-incendio-02.jpg)
© Policía Local de Poio
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c6c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62a04e7638-danos-parque-poio.jpg)
© Policía Local de Poio
A Policía Local de Poio detectaba durante este martes 7 de xuño varios actos vandálicos no municipio. Ao redor das 16.20 horas rexistrábanse incendios en dous contedores de lixo na rúa Coruxa.
Para a extinción do lume, segundo informa a Policía Local de Poio, foi necesaria a intervención dun equipo do GES de Sanxenxo e efectivos de Protección Civil de Poio. Tamén se produciron danos nunha parcela privada e os axentes atópanse investigando as causas deste incendio.
Ademais, bancos e material do parque infantil de Illa Canosa e no Parque de Rosalía de Castro aparecían esnaquizados durante a xornada. Desde a Policía Local trasladouse un aviso ao departamento de Servizos para que se arranxe no menor tempo posible.
A Policía Local solicita a colaboración cidadá para investigar estes casos de vandalismo e no caso de que algunha persoa desexe achegar datos pode poñerse en contacto cos axentes a través do teléfono 689.575.495 ou a través do correo electrónico: policialocal@concellodepoio.es