O Espazo Concilia de Barro acollerá este verán 150 cativos
Por Redacción
O Goberno municipal de Barro organiza unha nova edición do Espazo Concilia, que este ano, xa sen restricións sanitarias, acollerá a 150 nenos. Esta iniciativa, que favorece a conciliación laboral das familias do municipio, tivo un importante éxito en edicións anteriores.
De novo volverase realizar no Pazo da Crega, onde este ano os nenos xa poderán gozar por primeira vez de todo o entorno unha vez que o concello executou un proxecto de mellora dos xardíns e de toda a contorna.
Para o mes de xullo ofertaranse un total de 100 prazas e para o mes de agosto 50, xa que nese mes cae a demanda do servizo ao haber máis proxenitores de vacacións.
O prazo para a presentación de solicitudes nas oficinas municipais vai desde o día 13 ata o día 21 de xuño, e na selección das solicitudes terán prioridade aquelas nas que os menores teñan ambos proxenitores empregados. O horario do servizo diario será de 8.30 a 14.30 horas.
Para a execución da iniciativa municipal do Espazo Concilia de Barro o concello conta cunha subvención da Deputación de Pontevedra para o Fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero 2022.
Relacionadas:
-
Máis de 170 rapaces pasaron este verán polo Espazo Concilia de Barro
Por Redacción |
-
A hostalería local, protagonista da primeira Festa do Viño de Barro pospandemia
Por Redacción |
-
Barro celebra este domingo a quinta edición da súa xa tradicional baixada de carrilanas
Por Redacción |
-
Milladoiro, a guinda para unha Festa do Viño de Barro que volve por todo o alto
Por Redacción |