Luz verde á achega de area para as praias sanxenxinas de Carabuxeira e Lavapanos
Por Redacción
A empresa municipal Nauta Sanxenxo recibiu este venres o último permiso pendente para acometer achegas de area nas praias da Carabuxeira e Lavapanos.
A firma Marcor Xove iniciará o vindeiro luns pola mañá os traballos que se estenderán ata o venres cos que se pretende sumar aos perfís de ambos os areais un total de 5.000 metros cúbicos de árido. Os prazos veñen marcados pola idoneidade das mareas para poder recolocar a area que se atopa nos frontais de ambas as praias. A actuación de mantemento será sufragada pola empresa municipal e terá un custo de case 50.000 euros.
Os traballos de rexeneración e mantemento que se van a acometer en ambos os areais veñen precedidos do permiso de Costas, así como dos informes favorables da Autoridade Portuaria de Marín, Capitanía Marítima, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Planificación Territorial e Infraestruturas, María Deza, visitaron esta mañá ambas as praias cos operarios da empresa que acometerá os traballos de mantemento. A firma xa se encargou da dragaxe e colocación dos diques geotextiles o ano pasado, uns traballos que permitiron unha achega de 10.000 metros cúbicos de area na Carabuxeira.
A actuación que levará a cabo agora dará comezo pola Carabuxeira, luns e martes, e continuará en Lavapanos, o mércores, xoves e venres. Os traballos realizaranse con dúas retroexcavadoras, de 18 e 8 toneladas, e 4 dumpers aproveitando as mareas baixas. Durante o tempo que duren as tarefas de rexeneración e mantemento en cada praia non se permitirá ao acceso ás mesmas por motivos de seguridade.
Mentres tanto, continúa en tramitación a fase final do proxecto de rexeneración de ambas as praias na que se contempla a construción dun espigón rampla perpendicular ao litoral, unindo as rocas existentes, de case cen metros de longo por 2,34 de ancho.
Relacionadas:
-
A Xunta considera que o dique de contención de area na Carabuxeira non terá impacto ambiental
Por Redacción |
-
A area depositada na Carabuxeira na primavera de 2021 logrou fixarse na praia
Por Redacción |
-
Sanxenxo solicita a cesión dos edificios de Capitanía Marítima e Instituto da Mariña para uso social
Por Redacción |
-
Desaconsellan o baño na praia da Carabuxeira por problemas na auga
Por Redacción |
-
Lavapanos xa loce o seu novo aspecto tras a súa rexeneración
Por Redacción |
-
Os traballos de recuperación de area en Lavapanos prolónganse ata este sábado
Por Redacción |
-
Nauta Sanxenxo comeza as primeiras achegas de area na praia de Lavapanos tras concluír na Carabuxeira
Por Redacción |
-
A praia de Baltar contará desde esta fin de semana con catro pistas deportivas e un renovado aquapark
Por Redacción |
-
Avanza a rexeneración das praias da Carabuxeira e Lavapanos
Por Redacción |
-
A Carabuxeira volverá ser unha praia coa recuperación da súa area
Por Oskar Viéitez |