Banco de Alimentos e Autismo Bata reciben 1.400 doados polos participantes da Gladiator Race
Por Redacción
Representantes das asociacións Autismo BATA e Fundación Provincial Banco de Alimentos recibiron este xoves de mans do tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, dous cheques por valor de 700 e 721 euros respectivamente froito da acción solidaria realizada o 4 de xuño polos participantes na proba de obstáculos Gladiator Race coa colaboración do Banco Mediolanum.
"Queremos transmitir que o deporte, ademais de actividade física e diversión, debe ter unha compoñente solidario moi importante e estamos moi agradecidos á Gladiator e aos seus colaboradores de que ese importante evento de máis de 2.000 persoas supoña tamén unha cita coa solidariedade e a axuda a aqueles que máis o precisan", dixo o concelleiro socialista.
A vicepresidenta da Asociación Autismo BATA, Yolanda Heras, agradeceu o donativo"porque irá destinado ao proxecto que temos en Mi Granito de Arena e agardamos que, de aquí a final de ano, logremos ter máis actividades e máis probas como esta, que xuntan o deportivo e o social". Os fondos destinaranse ao proxecto de adaptación da zona exterior do centro educativo da entidade, coa instalación dunha pasarela de madeira na que os usuarios poderán desenvolver o equilibrio e a forza dunha forma lúdica.
Pola súa banda, José Luis Doval, en nome do Banco de Alimentos, agradeceu tamén a achega porque "nestes momentos en que a demanda está subindo dun xeito exponencial".
Relacionadas:
-
A Gladiator Race confirma para 2023 a súa oitava edición en Pontevedra
Por Redacción |
-
A xornalista Alba Lago, madriña da Gran Recollida do Banco de Alimentos, pide axuda para chegar aos 3.000 quilos
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Necesítanse 500 persoas voluntarias para colaborar na Gran Recollida do Banco de Alimentos
Por Anxo Lourido |
-
O Maio Solidario do Banco de Alimentos e Gadis mobiliza 150 voluntarios esta fin de semana
Por Redacción |
-
TEA en estado de alarma, vivir unha situación que non se chega a entender
Por Marisa Ciordia |