O mundial de colchonetas regresa a Sanxenxo con moito deporte e diversión
Por Redacción
A praia da Panadeira, en Sanxenxo, xa está preparada para acoller un dos eventos máis esperados do verán na vila. Trátase, nin máis nin menos, que do mundial de colchonetas, que regresa o domingo 10 de xullo para celebrar o seu XII edición.
Despois de dous anos complicados nos que se tivo que cancelar a súa celebración pola crise sanitaria, este divertido campionato volve, un ano máis, da man da Asociación Lúdica e Cultural 'O Cubreiro'.
Os organizadores advirten que as persoas que queiran participar non só deberán demostrar as súas calidades deportivas, senón tamén o seu sentido do humor para escoller un disfrace e unha colchoneta que os distinga dos seus adversarios.
Igual que en anteriores edicións haberá tres carreiras. A partir das 12:30 horas tomarán a saída os nenos e nenas menores de 10 anos; sobre as 13:00 horas será a proba dos participantes de entre 10 a 14 anos, e a carreira de adultos está prevista para a 13:30 horas.
Haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías, para os tres mellores disfraces e para as colchonetas máis orixinais. Tamén haberá premio á categoría de mellor disfrace en grupo e, como novidade, este ano inclúen o premio ao mellor disfrace en parella.
Desde a organización esperan "conseguir mesmo máis éxito de participación que nos anos anteriores, xa que hai un elevado interese mostrado tanto nas redes sociais, nos medios de comunicación escritos e televisivos". Mesmo, admiten, "numerosa xente para pola rúa aos membros da asociación para preguntarlles se por fin hai mundial de colchóns".
Na pasada edición, foron preto de 300 as persoas que se animaron a participar nesta peculiar proba lúdico-deportiva e o público abarrota tanto a praia como o paseo de madeira da rúa dos Barcos.
Para máis información do campionato mundial de colchóns, a Asociación Lúdica e Cultural 'O Cubreiro' facilita a páxina de Facebook na que irán colgando novidades acerca da proba.
Relacionadas:
-
O Campionato Mundial de 'Colchonetas' volverá a Sanxenxo o 30 de xullo
Por Redacción |
-
As colchonetas 'invaden' A Panadeira nunha refrescante competición
Por Redacción |
-
O Campionato Mundial de 'Colchonetas' disputarase este domingo en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo queda en 2020 sen o seu Mundial de Colchonetas por temor ao coronavirus
Por Redacción |
-
Preparados, listos, xa... a colchonetear!
Por Diego Torrado & Redacción |