O Campionato Mundial de 'Colchonetas' disputarase este domingo en Sanxenxo
Por Redacción
Este domingo 10 de xullo terá lugar na praia da Panadeira o Campionato Mundial de 'Colchonetas', organizado pola Asociación Lúdica e Cultural "O Cubreiro". A cita máis internacional de Sanxenxo, segundo a concelleira Paz Lago.
Os organizadores lembran que nesta competición os participantes non só deben demostrar as súas calidades deportivas, senón tamén o seu sentido do humor para escoller un disfrace e un colchón que os distinga dos seus adversarios.
Este ano queren solidarizarse coa Asociación de peludos invisibles de Sanxenxo (APIS) e dispoñerán dun posto onde quen queira pode deixar comida para animais.
Cada ano apúntanse máis grupos a competir na categoría de mellor disfrace, de feito xa se apuntaron un grupo de 35 persoas que veñen desde Santiago de Compostela a este peculiar mundial e ademais o campión da edición pasado promete revalidar o seu título.
A inscrición comeza hora e media antes da carreira. Ademais faise a entrega de dorsais e tómanse as medidas de seguridade oportunas, xa que a categoría infantil, debe participar obrigatoriamente con chaleco salvavidas que se facilita desde a organización.
Ademais tamén se cobren os oportunos permisos e, os participantes que o desexen, pasan polo Photocall do evento.
Os espectadores sitúanse tanto na praia como ao longo de todo o paseo, participando activamente dos bailes e ximnasia previa á toma da saída por cada categoría.
Como nas once edicións anteriores, haberá tres carreiras xa que os "colchonetistas" dividiranse en tres categorías. A partir das doce e media (12:30) tomarán a saída os nenos menores de 10 anos, ao finalizar entregaranse os premios na praia.
Despois da súa finalización, sobre as 13:00 horas terá lugar a proba para os mozos de 10 a 14 anos, os premios daranse unha vez finalizada a carreira tamén no citado areal. A carreira de adultos está prevista para a unha e media. A continuación levará a cabo a cerimonia da entrega de trofeos para os adultos.
Haberá premios para os tres primeiros clasificados en cada unha das categorías, así como para os tres mellores disfraces e os 'colchonetas' máis orixinais. Ademais haberá premio á cada vez máis concorrida categoría de mellor disfrace en grupo, tamén constará dun primeiro, segundo e terceiro premio. Este ano ademais hai a novidade de mellor disfrace de parella. Este ano a organización indica que hai maior cantidade de premios que anos anteriores.
Na pasada edición, foron preto de 300 as persoas que se animaron a participar nesta peculiar proba lúdico-deportiva.
Relacionadas:
-
O Campionato Mundial de 'Colchonetas' volverá a Sanxenxo o 30 de xullo
Por Redacción |
-
As colchonetas 'invaden' A Panadeira nunha refrescante competición
Por Redacción |
-
O "festival cultural" de Sanxenxo programa máis 40 actividades en 21 localizacións diferentes este verán
Por Redacción |
-
O mundial de colchonetas regresa a Sanxenxo con moito deporte e diversión
Por Redacción |