Novo vídeo da Deputación para concienciar contra as agresións sexuais
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este venres un novo vídeo, deseñado e creado pola artista visual Yolanda Domínguez, co que a institución provincial quere concienciar contra as agresións sexuais.
O audiovisual amosa imaxes do interior dun bolso (onde unha moza parece ter deixado o seu teléfono móbil coa cámara de vídeo gravando) mentres se escoita unha conversa entre unha moza e un mozo que están iniciando unha relación. Nun momento dado, a moza pide parar.
Difundirase nos festivais de música e cine da provincia e nas salas de cinema de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía.
Segundo os datos difundidos por Carmela Silva nunha comparecencia de prensa, cada catro horas denúnciase en España unha violación pero soamente se denuncian o 11%. No primeiro trimestre de ano rexistráronse 544 violacións.
"Es dramático" dixo, "tenemos que ponernos en contra y hacer que la lucha contra estas terribles agresiones que padecemos las mujeres forme parte de las prioridades políticas de las administraciones públicas. Desde luego de esta administración ya lo es".
A artista Yolanda Domínguez subliñou que "las cifras demuestran que sigue habiendo maltratadores y asesinos de mujeres" polo que " tendríamos todo el derecho del mundo de representar esa realidad" pero "estamos haciendo un enorme esfuerzo por plantear campañas de denuncia en positivo, que representen hombres comprometidos, que son parte del cambio, como es el caso de este vídeo".
O vídeo, "de altísimo nivel y gran calidad técnica y de contenido", segundo valorou a presidenta, tamén presenta outro modelo masculino "de hombre consciente de que solamente sí es sí, de que el consentimiento es una cuestión que decidimos las mujeres y lo hacemos cuándo decimos exclusivamente que sí".