Trescentos estudantes inician en Pontevedra as probas extraordinarias da ABAU
Por Redacción
Os estudantes terán, a partir deste martes, unha nova oportunidade para superar as probas de acceso á universidade. En toda Galicia celébrase a convocatoria extraordinaria da ABAU, a antiga selectividade. En Pontevedra serán case trescentos os alumnos que se examinarán.
En concreto, na comisión delegada de Pontevedra hay 291 matriculados para esta convocatoria, aos que hai que sumar os tres que farán as probas no Centro de Recursos Educativos da ONCE.
Os exames comezarán ás dez da mañá coa proba de Historia de España, Lingua Castelá e Literatura II. Pola tarde do primeiro día terán lugar as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, Fundamentos da Arte, Economía da Empresa e Deseño.
Para o mércores serán os exames de Lingua Galega e Literatura II, Lingua estranxeira, Matemáticas II, Latín II, Debuxo Técnico II, Química ou Grego II.
O último día, pola súa banda, serán as probas de Bioloxía, Historia da Arte, Física, Xeografía, Cultura Audiovisual II, Xeoloxía ou Historia da Filosofía.
Unha primeira cualificación sobre 10 puntos obterase sumando o 60% da cualificación do bacharelato e o 40% da media dos cinco exames que constitúen a fase obrigatoria. Para o alumnado de ciclos formativos, esta primeira cualificación é a media do seu expediente académico do ciclo.
Ademais, o alumnado pode chegar a lograr 14 puntos, examinándose de materias da denominada parte voluntaria, para o que se teñen en conta os denominados factores de ponderación para o acceso aos distintos graos universitarios.
Relacionadas:
-
Comeza a ABAU en Pontevedra co destino universitario de 1.291 estudantes en xogo
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
A Restauración borbónica e a construción do ferrocarril rebaixan a tensión no inicio da ABAU en Pontevedra
Por Manu Otero & Diana Eiras |
-
Xornada de nervios no campus, comezan os exames da selectividade
Por Redacción |