Uns 200 mestres das Escolas Asociadas á Unesco xuntaranse en Pontevedra en xullo
Por Redacción
Á marxe do V encontro galego das Escolas Asociadas á Unesco, que se está celebrando na cidade esta semana, Pontevedra volverá acoller un dos principais de eventos desta rede. Será a anfitriona, do 2 ao 4 de xullo de 2014, do 27 encontro estatal destas escolas. Nesta ocasión, as xornadas terán carácter técnico e profesional e estarán dirixidas a uns 200 profesores.
Os docentes non só chegarán de colexios españois, senón que se agarda a asistencia de profesores de Francia, Portugal, Arxentina, Polonia ou Senegal. Trátase dun encontro, no que segundo a presidenta nacional desta rede, Rufina Moreno, celébrase ao final de curso "para intercambiar nuestrasexperiencias". A rede conta na actualidade con 9.800 institucións educativas en 180 estados, o que a converte en "la red más extensa de las Naciones Unidas".
O seu coordinadora en Galicia, Luisa Márquez, destacou que todos estes centros están comprometidos "coa igualdade e a diversidade" e que apostan por unha educación de calidade e que "non está dirixida a competir no mercado laboral ou a que os mozos terminen emigrando". Trátase de formar individuos, dixo, "que sexan capaces de cambiar xuntos a sociedade na que estamos".
Con respecto a este encontro, o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, celebrou con "orgullo" que Pontevedra vaia a ser a sede desta 27 edición, e destacou que na cidade haxa un "número importante" de escolas asociadas á Unesco "porque iso implica que hai un interese en que a escola sexa algo máis, que sexa unha escola de vida, de experiencias e de intercambio".