Medio centenar de modelos participaron na Concentración de Vehículos Clásicos de Ponte Caldelas
Por Redacción
A Alameda de Ponte Caldelas acolleu este domingo a quinta edición da Concentración de Vehículos Clásicos, na que se deron cita máis de 50 modelos de coches antigos chegados de toda Galicia.
Os vehículos permaneceron expostos ó público ata as 20.00 horas, mentres os membros do clube desfrutaban dunha xornada de lecer na vila.
Entre os vehículos máis destacados estan un Derby dos anos 20, varios Fiat 1400, dous Seat 800; a réplica dun Ferrari, un Citroen 11 ligero, un Ford Mustang e un autobús de liña histórico, propiedade da empresa Cuiña.
A actividade é froito da colaboración entre o Concello de Ponte Caldelas e os Amigos dos Vehículos Antigos (AVA), asociación fundada en 1984. Esta agrupación, cun cento de socios, organiza unha media de catro actividades deste tipo ao longo do ano e mantén unha estreita colaboración con este Concello, participando tamén na Cabalgata dos Reis Magos que se organiza polo rural.