Un incendio nun transformador provoca problemas no suministro eléctrico en Sanxenxo
Por Redacción
Un incendio declarouse este martes pola mañá no transformador ubicado na Avenida Luis Rocafort.
O incidente afecta ao suministro eléctrico de varias zonas do concello de Sanxenxo.
A suministradora traballa para repoñer canto antes o servizo.
A rápida actuación do servizo de Emerxencias e a Policía Local evitou que se propagase aos inmobles próximos.