O PP provincial prepárase para reforzar as estruturas locais e intensificar o traballo na rúa
Por Redacción
O presidente do Partido Popular da provincia de Pontevedra, Luis López, ven de convocar ó comité de dirección da formación, "un dos primeiros pasos logo do congreso para asentar as bases dun proxecto de futuro para a nosa terra".
Esta primeira reunión serviu para marcar a folla de ruta do equipo, "que non é outro que reforzar dende xa as estruturas locais ca vista posta nas eleccións municipais do ano 23".
López estivo acompañado pola secretaria xeral provincial do partido, Luisa Piñeiro, e dos vicepresidentes Nidia Arévalo, Marta Fernández-Tapias e Rafa Domínguez. Todos eles, nas súas respectivas intervencións, subliñaron a necesidade de intensificar o traballo na rúa. "Canto máis escoitemos, mellores decisións tomaremos para presentar proxectos e acadar gobernos sólidos e estables para a nosa provincia", dixo López.
"Traballaremos para unir, abrir e fortalecer o noso partido. Ensanchando as nosas bases seremos quen de conseguir amplas maiorías", proseguiu o popular na súa intervención.
"Somos os que máis coñecemos esta provincia, pero non é suficiente. Temos moito que patear e escoitar. Debemos estar nas rúas constantemente e resolver cada un dos problemas que nos trasladen os veciños e veciñas. Somos un equipo formado por persoas que combinan perfectamente xuventude e experiencia, ademais de contar co aval dar urnas", explicou o presidente provincial. "Non pido outra cosa que dedicación e compromiso, se cabe máis do que xa tedes demostrado".
Relacionadas:
-
O PP nomea unha nova xestora en Vilagarcía, presidida por Ana Granja
Por Oskar Viéitez |
-
Homenaxe do PP ás vítimas do terrorismo apelando á memoria ante os que "tratan de reescribir la historia"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Luís López, novo presidente do PP de Pontevedra: "Temos moito espazo municipal que reconquistar"
Por Alejandro Espiño |
-
Luisa Piñeiro regresa á primeira liña política como 'número 2' do PP pontevedrés
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |