A ocupación turística da provincia en xullo rexistrou un "histórico" 78% superando os datos de antes da pandemia
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, compareceu este venres en rolda de prensa para dar conta dos datos solicitados polo Observatorio do Turismo respecto á ocupación hostaleira do mes de xullo que "superaron os datos prepandemia" con rexistros de récord.
A media de xullo na provincia foi un "histórico" 78%, 13 puntos máis que en 2021 e 8 máis que en 2019. "Tiñamos grandes perspectivas de ocupación para este verán. Non nos equivocamos", presumiu Carmela Silva.
Por comarcas, este mes de xullo, a ocupación hostaleira na de Vigo foi do 80% (3 puntos máis que no 2021), O Salnés o 76% (2 puntos máis), O Morrazo o 73% (3 puntos menos), a comarca de Pontevedra o 72% (1 punto máis), O Baixo Miño o 70%, (0,5 puntos máis), O Condado A Paradanta rexistrou o 69,4% (16 puntos máis), Caldas o 68% (18 puntos máis) e Deza-Tabeirós o 60% (5 puntos máis que no 2021).
En canto aos datos rexistrados no que vai de mes en cidades e principais destinos da provincia sitúase en primeiro lugar Vigo co 83% en canto a ocupación hostaleira (2 puntos máis que no 2021), Baiona co 81% (1 punto máis), Sanxenxo o 80% (3 puntos máis), Pontevedra o 77% (11 puntos máis que no 2021) e O Grove o 70% (2 puntos máis).
En canto ao turismo rural o dato de ocupación media de xullo é do 76% (3 puntos máis) os cámpings da provincia rexistraron unha ocupación media do 70% (9 puntos máis), as vivendas turísticas un 83%. Ademais o castelo de Soutomaior marcou o seu récord con 6.305 visitas (son 1.048 persoas máis que en xullo de 2021).
PERFIL
En canto ao perfil das persoas que visitan este destino, segundo os datos recollidos nas oficinas de información de Turismo Rías Baixas, o 85% son visitantes nacionais (Madrid, Barcelona e Biscaia, principalmente) e o 15% restante de procedencia internacional, destacando Portugal, Alemaña e Reino Unido. De media pasan entre 7 e 15 días na provincia atraídos pola oferta cultural, a enogastronomía e o lecer.
ESTIMACIÓNS PARA AGOSTO
A día de hoxe os establecementos hostaleiros da provincia de Pontevedra contan xa cun 81% de reservas para agosto.
Por comarcas, en agosto Vigo espera unha ocupación media do 83%, O Morrazo, Caldas e O Salnés superarán o 80%, a comarca de Pontevedra o 78%, as do Condado e da Paradanta no 71%, O Baixo Miño o 70% e as comarcas de Deza, Terra de Montes situaranse no 68%.
No que respecta a os principais destinos e concellos turísticos, Vigo en agosto espera un 83% de ocupación, Sanxenxo o 82%, Baiona un 81%, Pontevedra 77% e O Grove o 72%.
Para agosto, nestes momentos, a previsión sitúa á ocupación para o sector do turismo rural no 78%, nos cámpings espérase un 78% de ocupación e nas vivendas turísticas a estimación é superar a media de ocupación de xullo.
"Seguimos sendo a provincia que ten os mellores datos de ocupación" resaltou Carmela Silva respecto ao conxunto de Galicia.
Relacionadas:
-
RADIO.- Hostalería e restauración: e despois deste verán, que?
Por Marisa Ciordia |
-
Os empresarios turísticos de Sanxenxo cifran nun 91% a ocupación en agosto
Por Redacción |
-
Unha impresora braille e un bucle magnético mellorarán a accesibilidade da oficina turística de Caldas
Por Redacción |
-
Marca histórica de noites de estadía hoteleira no mes de xullo en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Silvia Díaz celebra os bos datos de ocupación hotelera acadados en xullo en Poio
Por Redacción |
-
As oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo atenderon en xullo a 2.332 persoas
Por Redacción |
-
Os socorristas de Marín atenderon 272 picaduras de faneca no mes de xullo
Por Oskar Viéitez |
-
76% de ocupación media en Sanxenxo durante o mes de xullo
Por Redacción |
-
O turismo de Sanxenxo alcanzou en xuño niveles récord e pre pandemia
Por Redacción |