Queda deserta a poxa dun solar edificable a carón da pasarela
Por Oskar Viéitez
Finalmente quedou deserta a poxa dunha parcela urbanizable de 147 metros cadrados de titularidade municipal situada nas inmediacións do parque Amalia Álvarez ao carón da Pasarela do tren.
A portavoz do goberno local de Pontevedra, Anabel Gulías, informou este luns que non se presentaron ofertas á poxa deste terreo na Unidade de Actuación 18.
O prezo de saída era de 508.975,88 euros e a poxa era á alza.
A superficie total edificable desta parcela é duns 1.035 metros cadrados.
Agora o Concello procederá ao arquivo deste proceso.