50 persoas permanecen ingresadas con covid na área sanitaria neste mes de agosto
Por Redacción
Este mércores 3 de agosto, o Sergas comunica a presenza de 50 persoas ingresadas nos hospitais de Pontevedra e O Salnés, diagnosticados con covid-19. 48 pacientes atópanse en planta; 43 en Montecelo; catro no Hospital do Salnés e unha no Hospital Quirón Saúde de Pontevedra. Ademais, dous pacientes con covid son atendidos na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
A estes casos súmanse 278 persoas que evolucionan da enfermidade nos seus domicilios. En total, son 328 casos activos na área sanitaria, un máis que na xornada do martes.
A cifra de falecementos ascende a 331 persoas desde que comezaron a comunicarse os datos de mortes con coronavirus nos distritos de Pontevedra e O Salnés. En Galicia o número de decesos atópase en 3.837 vítimas. Curáronse da enfermidade pandémica na área un total de 75.467 persoas, 38 máis que na xornada de onte.
Realizáronse 107 probas PCR nas últimas 24 horas co resultado de 42 novos positivos, segundo os datos que ofece a Consellería de Sanidade.
Relacionadas:
-
A área sanitaria alcanza a cifra de 335 pacientes falecidos con covid-19
Por Redacción |
-
Catro novos falecementos con covid elevan a 21 as mortes rexistradas este xullo en Pontevedra
Por Redacción |
-
Tres novas mortes por covid-19 na área sanitaria: dous homes de 78 e 73 anos e unha muller de 79
Por Oskar Viéitez |
-
A área sanitaria de Pontevedra leva 12 persoas falecidas con coronavirus este mes de xullo
Por Oskar Viéitez |