A Vida é Movernos prepara uns talleres para traballar a meditación e a conciencia
Por Redacción
Para pechar este mes de agosto, o programa A Vida é Movernos ten preparadas unha serie de talleres Mindfulness destinados a axudar á cidadanía a traballar a meditación e a conciencia plena.
Serán no Mirador de Monte Porreiro nas mañás do domingo 28 de agosto e o luns 29 de agosto. O primeiro día está orientado a maiores de 35 anos en horario de 10:30 a 11:45 horas, mentres que o segundo será para menores de 35 entre as 11:45 e as 13:00 horas.
Segundo sinalou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, "a través do mindfulness trabállanse cuestións que teñen que ver coa conciencia plena, con prestar atención a pensamentos, emocións e sensacións corporais", polo que "poucas actividades poden ser máis recomendables nestes tempos que vivimos, nos que acabamos de superar unha pandemia e aínda nos enfrontamos a un período convulso".
Aquelas persoas interesadas en participar poderán inscribirse totalmente de balde a través do número de teléfono 676 649 055 ou do email paulapcores@gmail.com.
Relacionadas:
-
Volven os talleres de memoria para persoas maiores a partir do 10 de outubro
Por Redacción |
-
Convocan paseos en bicicleta pola Xunqueira de Alba para nenos e adultos
Por Redacción |
-
A Vida é Movernos fusiónase co Metrosán para crear un calendario de "Camiñadas"
Por Manu Otero |
-
Sábado de danza participativa na rúa para superar situacións de tristeza
Por Anxo Lourido |
-
Unha rolda de talleres para levar a 'musicoterapia' a diferentes asociacións sociosanitarias
Por Redacción |