Final da semana grande das festas da Peregrina por todo o alto
Por Cristina Saiz & Redacción
Chegou a fase final das celebracións festivas co lanzamento dos fogos artificiais de peche da semana grande das Festas da Peregrina.
Como xa se realizou noutras ocasións ao longo destes días, a tirada realizábase entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago. Nesta ocasión, a empresa encargada de dar cor á noite era a pirotécnica Xaraiva ofrecendo espectaculares xogos de luz que iluminaban a cidade. Numerosas persoas achegáronse aos arredores do Mercado de Abastos para seguir, tanto de pé como sentadas nas beirarrúas, a iluminación pirotécnica co seu potente son.
De todos os xeitos, as festas terán este luns unha xornada especial para o público infantil co día dedicado aos máis pequenos con prezos reducidos nas atraccións instaladas na contorna da Alameda.
Tamén a praza de España acollerá o concerto do artista asturiano Víctor Manuel, que ofrece o espectáculo do seu Tour 75 aniversario. Baixo o subtítulo 'La vida en canciones', Víctor Manuel resume longos anos de cancións e estrada con versións de 'El abuelo Vítor', 'Paxarinos', 'Solo pienso en ti' ou 'Nada sba tan dulce como su boca', entre outros éxitos da súa dilatada carreira.
O concerto comeza ás 22.30 horas con entrada libre.
Relacionadas:
-
O goberno municipal de Pontevedra, "francamente satisfeito" por unhas Festas da Peregrina "de primeira"
Por Alejandro Espiño |
-
Camela saca a bailar a Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Os Black Stones amosan a súa paixón polo rock and roll
Por Cristina Saiz |
-
A última fin de semana das Festas da Peregrina chega co rock de Ilegales e Black Stones
Por Redacción |