Investigan os actos vandálicos contra a exposición de 'Festivala. Mulleres creando'
Por Redacción
O Concello de Vilagarcía amosa a súa "absoluta repulsa" ante os actos vandálicos realizados durante a madrugada contra a exposición organizada pola asociación O Soño de Lilith na Praza de Galicia.
Esta mostra, inaugurada o sábado dentro do programa 'Festivala. Mulleres Creando', ofrecía paneis sobre saúde mental na muller. Segundo o goberno local de Vilagarcía estas accións vandálicas non foron casuais, senón que responden a un acto intencionado e dirixido contra o colectivo feminista.
O Concello presentou denuncia, do mesmo xeito que a asociación, ante a Policía Nacional para que se realicen as investigacións e determínese a autoría destes feitos, ademais de poñer en coñecemento dos servizos xurídicos as posibles medidas a adoptar ante esta situación.
Desde a área de Igualdade do Concello tamén se está a traballar coa asociación O Soño de Lilith para recompoñer esta mostra e que se volva a ofrecer na Praza de Galicia. Piden a participación cidadá para que asista aos concertos que este colectivo programou no marco de Festival durante os próximos días para mostrar solidariedade coa asociación e manifestar o respecto e a tolerancia da poboación con todas as persoas e colectivos.