Advirten do mal estado das piscinas de Cabanelas en Viascón
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O BNG de Cerdedo-Cotobade denuncia a situación de abandono en que se atopan neste mes de agosto as piscinas públicas de Cabanelas, na parroquia de Viascón. Segundo sinala a formación nacionalista, semanas atrás o Concello acometeu unha "deficiente e desafortunada obra" na contorna destas instalacións.
A agrupación que lidera Ernesto Filgueira lembra que se instalou algunha varanda, limouse un noiro, ademais de afrontar unha "subida irregular" dun muro e colocar area nas proximidades da piscina infantil. Para os nacionalistas, esta actuación dista moito da mellora integral que precisa este espazo.
Denuncian que actualmente a imaxe que presentan as instalacións é de "total abandono" ao ofrecer unha imaxe sucia, con maleza que chega ata a cintura e cunha randeeira e un tobogán que incumpren a lexislación vixente en materia de seguridade. Filgueira expón que en xullo tanto o PP como o PSOE rexeitaron o debate sobre unha moción do BNG en relación a realizar mejoas na parroquia de Viascón, entre as que se atopaba a mellora das piscinas.
Agora, o BNG esixe ao alcalde Jorge Cubela información sobre se houbo proxecto das obras acometidas e o seu orzamento. Demanda, ademais, ao goberno local que deixe de discriminar a Viascón e proceda a unha reforma integral da zona dotándoo de mobiliario urbano, limpeza e un parque infantil adaptado á lexislación vixente, entre outras peticións.
O BNG indicaba que este xoves 25, moi cedo, as brigadas municipais levaron a cabo traballados de limpeza da contorna das Piscinas de Viascón tras a denuncia pública realizada nas últimas horas.
Relacionadas:
-
A renovación das piscinas fluviais de Viascón incluirá a instalación dun chiringuito
Por Redacción |
-
Cubela acusa a Ernesto Filgueira de ter na ruína investimentos por valor de 300.000 euros en Viascón
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O BNG achaca ao "autobombo" de Cubela a "situación de abandono" dos espazos públicos de Cotobade
Por Oskar Viéitez |