Un vehículo envorca na avenida de Bos Aires derrubando un sinal de tráfico
Por Cristina Saiz & Redacción
Un vehículo envorcaba este mércores 24 de agosto cando circulaba na avenida de Bos Aires, vía de conexión entre o centro urbano e o barrio de Monte Porreiro, á altura da praia fluvial do Lérez, segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112 Galicia.
O turismo, un Citroën, saíase da vía e impactaba contra un sinal de tráfico derrubándoa, segundo testemuñas presenciais. A avenida de Bos Aires nunha zona limitada a unha velocidade de 30 km/h e con presenza de diversos resaltos para acougar a circulación de vehículos.
O coche sufría diversos danos na zona frontal. Ata a zona desprazábase a Policía Local para determinar as causas do accidente. O turismo foi retirado por un guindastre sen que se rexistrasen maiores incidencias de tráfico na zona.