Salcedo convoca unha manifestación para esixir instalacións deportivas
Por Redacción
O vindeiro venres 9 de setembro, a Sociedade Cultural Deportiva de Salcedo realizará unha manifestación polas rúas de Pontevedra para reivindicar instalacións.
Na convocatoria lembran que é o segundo club máis antigo da cidade de Pontevedra e que todas as tempadas realizar un esforzo para seguir competindo a pesar de verse obrigado a pedir prestadas instalacións a outras entidades porque carecen dunhas infraestruturas propias.
A entidade, que suma 75 anos de historia, convoca a todas as persoas que formaron parte desta sociedade ao longo dos anos, aos xogadores coas camisetas do club, aos familiares que apoian e colaboran co club, así como socios e veciñanza da parroquia de Salcedo a participar da marcha para reclamar ás institucións públicas instalacións propias.
A protesta comezará ás 19.30 horas e partirá de Loureiro Crespo número 2 ata a Praza da Peregrina, unha vez alí continuarán pola Rúa Michelena ata finalizar na Praza de España onde lerán un manifesto.
O Partido Popular denunciara recentemente que, despois de dous anos da cesión de terreos da Mancomunidade de Montes ao Concello de Pontevedra, as obras do campo de fútbol seguen sen finalizarse.
Os traballos estaban orzados en 1,48 millóns de euros e adxudicáronse en agosto de 2021, cun prazo de execución de dez meses.
Relacionadas:
-
A SCD Salcedo convoca unha nova protesta para este venres reclamando a construción do campo de fútbol
Por Redacción |
-
O Salcedo sae á rúa farto de ser "o club máis antigo sen un campo de herba"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Salcedo, sen campo novo dous anos despois da cesión dos terreos
Por Redacción |