Cinco persoas feridas, dúas menores, nun impacto entre vehículos no Grove
Por Redacción
Dous menores e un adulto foron trasladados polos servizos sanitarios en ambulancia para unha exploración hospitalaria tras o impacto que se rexistraba entre dous vehículos no municipio do Grove este sábado 3 de setembro. Ademais, outras dúas persoas tamén resultaron feridas.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o accidente producíase ao redor das 13.45 horas no lugar do Con, na estrada de Meloxo. Cando alertaban ao servizo de Emerxencias, todas as persoas atopábanse xa fóra dos vehículos e ningún dos feridos parecía revestir gravidade, segundo as mesmas fontes.
Desde o 112 informábase do accidente aos axentes da Policía Local, aos Bombeiros de Ribadumia, membros do GES de Sanxenxo e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil do Grove. Ao pouco tempo, os dous vehículos implicados tamén foron retirados da estrada por un guindastre sen maiores incidencias.