Unha delegación de Guinea Bissau visita a Deputación para afondar no plan Revitaliza de xestión de biorresiduos
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera recibiron este luns no Pazo provincial a unha delegación do goberno de Guinea Bissau para falar do plan Revitaliza de xestión de biorresiduos a través da compostaxe, dentro da liña de colaboración aberta hai uns anos.
Representantes do país africano, encabezados polo secretário geral do Ministério das Pescas, Maurício Sanca, convidaron ao Goberno provincial a visitar Guinea-Bissau para intercambiar coñecementos sobre políticas de pesca e de conservación do medio ambiente relacionadas co Plan Revitaliza.
"Vamos a ter toda a colaboración que poidamos pola nosa parte", avanzou Mosquera. "Nunca pensamos que cando empezamos no ano 2015 con esto da compostaxe ía ter esta trascendencia", engadiu.
Guinea-Bissau é un país lusófono con 1,6 millóns de habitantes e unha extensión territorial similar a Galicia e o 60 % da súa economía procede da agricultura e da pesca. A colaboración entre a Deputación iniciouse no ano 2017 e exténdese a outras áreas coma a acuicultura, a agricultura, os viveiros e polígonos industriais e tamén a seguridade viaria.
O modelo de xestión de lixo da Deputación, o Revitaliza, xa está a ser aplicado na Illa de Príncipe tras un exhaustivo proceso de comparación entre as mellores prácticas mundiais sobre residuos. A Deputación colaborou co goberno rexional africano á hora de deseñar o su progama particular aportando o coñecemento e, un dos obxectivos da visita de hoxe foi o de asegurar que manteña a formación e capacitación do persoal que se ocupe da xestión técnica dos centros de compostaxe na propia illa.
Desta formación ocuparase o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) que, segundo explicou o seu director Carlos Vales, o Plan Revitaliza "é exemplar a nivel mundial". A meirande parte dos fondos para a posta en marcha do plan, ademais dos achegados polo propio goberno rexional, proceden dun programa internacional do Goberno francés para o desenvolvemento e sustentabilidade de pequenas illas (Small Islands Organization-SMILO).
Pola súa banda, Maurício Sanca agradeceu a acollida e a colaboración que está a prestar a Deputación "queremos aplicar a experiencia de España adaptándoa ás nosas realidades" e con esa intención redactarase un protocolo para definir colaboraciones concretas entre ambas instituciones.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- A formación en compostaxe en Pontevedra chega con éxito á reserva da biosfera de Illa do Príncipe
Por Oskar Viéitez |
-
O modelo de compostaxe da Deputación chegará á India da man da Fundación Vicente Ferrer
Por Oskar Viéitez |
-
O Revitaliza e a Fundación Vicente Ferrer expoñen as súas experiencias sobre a xestión de residuos en Galicia e na India
Por Redacción |
-
Caldas entregará outros 110 composteiros financiados polos fondos Next Generation
Por Redacción |
-
O servizo de recollida de voluminosos de Poio fai máis de 100 retiradas ao mes
Por Redacción |
-
A Unesco interésase por aplicar nas illas pequenas o Plan Revitaliza de compostaxe da Deputación
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Guinea Bissau 'bebe' da experiencia e o modelo de desenvolvemento de Pontevedra
Por Redacción |