Iníciase a enchedura do depósito da Costa para a súa entrada de novo en funcionamento
Por Redacción
Este luns comezou a enchedura do depósito da Costa, no concello de Marín.
A xestión da rede municipal de abastecemento da auga é un dos eixos de traballo do goberno local, que hai seis meses iniciaba a obra de mellora e reforma deste depósito.
O Concello asegura que se trata dunha obra "de vital importancia para o municipio", xa que, xunto co depósito de Pedreiras, é o que abastece a todo o casco urbano de Marín.
Durante os traballos, acondicionouse toda a instalación, incluíndo a cámara de chaves, e renovouse a caldeirería e as válvulas, coa finalidade de facilitar o control e manipulación do sistema.
En total, investíronse preto de 163.000 euros, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e está previsto, por tanto, que entre en funcionamento nas próximas semanas.
Desde o Concello, inciden na "relevancia que ten facer inversións na boa xestión do ciclo da auga", xa que se trata dun servizo público esencial. Especialmente, a día de hoxe esta xestión correcta está no punto de mira, pola situación de prealerta por sequía que se está a vivir con carácter global en Galicia.
Relacionadas:
-
Os populares reclaman á Deputación axudas directas para as traídas de augas xestionadas por comunidades de usuarios
Por Redacción |
-
Mantense a situación de prealerta pola seca porque o caudal do Lérez segue baixo
Por Redacción |
-
As obras de remodelación do depósito da Costa avanzan a bo ritmo
Por Redacción |
-
O luns comezan as obras de rehabilitación do depósito da Costa
Por Redacción |
-
Avanzan as tramitacións para mellorar o abastecemento de auga en Costas e Bexe
Por Redacción |