No IES As Bizocas cren que "debe haber outro xeito de vivir"
Por Oskar Viéitez
Para este venres 23 de setembro estaba convocada unha "folga climática estudantil global" baixo o lema 'O capitalismo mata o planeta'.
Na provincia de Pontevedra esta convocatoria tivo escasa acollida, tan só algúns centros como o IES As Bizocas, do Grove, uníronse a esta iniciativa.
Segundo informou Clara Magdaleno, profesora neste instituto, con motivo da folga xeral polo clima e no marco do proxecto do centro "EduSostible", nas primeiras horas desta mañá o conxunto do alumnado e do profesorado realizou un parón da actividade lectiva para movilizarse e tratar de concienciar sobre o cambio climático.
Baixo o lema #otraformadevivir, levouse a cabo unha performance na que parte do alumnado simbolizaba o lume e outra parte as árbores, mentras que as alumnas que militan no equipo local de ximnasia rítmica facían una baile con cintas. Todo isto coa canción "Otra forma de vivir", de Joan Dausà de fondo.
A continuación léron un pequeno manifesto e resaltáronse titulares periodísticos dos últimos meses nos que o cambio climático e as súas consecuencias son os protagonistas.
"Hoxe quixemos escenificar o problema dos incendios coa esperanza de que podemos cambiar as cousas, mudando os nosos hábitos, facendo que se fale deste problema por todas partes, e presionando aos gobernantes para que cumpran o que asinaron en 2015 no Acordo de París", explicábase no manifesto lido este venres nas Bizocas.
Relacionadas:
-
A Boa Vila celebra o Día Internacional contra o Cambio Climático cunha carpa chea de iniciativas
Por Redacción |
-
O IES As Bizocas do Grove participará nunha nova edición de "Canteira de igualdade"
Por Redacción |
-
Pontevedra traza unha "revolución verde e azul" con 20 millóns para que os seus ríos "non estean illados"
Por Alejandro Espiño |
-
O Grove, campo de probas para os treces militares da Campaña Antártica
Por Alejandro Espiño |