O PP de Cuntis elixirá ao seu novo presidente o 15 de outubro no congreso local
Por Redacción
O Partido Popular de Cuntis celebrará o seu congreso local o próximo 15 de outubro, nun acto no que terán dereito a voto os afiliados locais do partido.
Para a celebración do congreso, o PP provincial xa ten aprobado o regulamento que rexerá todo o relativo á celebración do cónclave, así como ás persoas que integran a Comisión Organizadora do Congreso, da que forman parte María José Liñeira Asorey, como presidenta; Roberto Campos López e Salvador Santiago Pereira Pena.
Esta comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do congreso ata a súa celebración, momento no que asumirá estas competencias a mesa do congreso.
As persoas interesadas en optar á presidencia do partido poden presentar a súa candidatura durante os vindeiros sete días, e terá que ir acompañada, como mínimo, polo 5 % dos afiliados locais. Unha vez que a Comisión Organizadora comprobe que cumpre co mínimo esixido, abrirase un período de campaña electoral interna no que as persoas candidatas poden explicar aos afiliados o seu equipo e o seu proxecto para o partido.
Coa celebración destes congresos, desde o PP provincial queren reforzar as estruturas do partido para afrontar as municipais do ano próximo o mellor preparados posible e con proxectos fortes nos 61 concellos da provincia. Tras o congreso provincial do 9 de xullo, o PP xa celebrou congresos locais en Dozón e Forcarei e teñen previsto celebrar este venres o de Caldas de Reis.
Relacionadas:
-
Fernando Pérez será o candidato do PP á Alcaldía de Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Rueda anuncia a celebración inminente de congresos en Pontevedra, Cuntis, Caldas e Campo Lameiro para renovar as estruturas locais do PP
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O voceiro do PP, Manuel Vázquez, dimite como concelleiro en Cuntis
Por Redacción |