"Soy mayor. Soy como tú. Y cada día somos más"
Por Oskar Viéitez
Este 1 de octubre se conmemora el Día Internacional de las Personas Mayores y la ciudad de Pontevedra celebró una serie de actividades con tal motivo.
Desde las once de la mañana el colectivo Mais Cantos y Nelson Quinteiro hicieron un itinerario cantado por las calles y plazas de la Boa Vila. Sairon desde la Plaza de Ourense, delante de la letras de Pontevedra para hacer escaleras en Peregrina, Curros, Plaza de Abastos finalizando con un acto institucional y concierto en la Plaza de la Verdura.
Allí leyeron el Manifiesto Oficial de las Personas Mayores de Pontevedra y finalizaron con un concierto .
Bajo el lema "Engancha", y al amparo del programa "Proponte", la concejalía de Bienestar Social que dirige el edil Marcos Rey empezó una batería de propuestas en la que se implicaron entidades como la UNED Senior de Pontevedra, la UVIGO, Espacio +60 de Afundación, Asociación Inzar, Asociación de Amigas del Camino Portugués, Asociación de familiares de personas con Alzheimer o Máis Cuántos y Nelson Quinteiro.
MANIFESTO DAS PERSOAS MAIORES DE PONTEVEDRA
“Son maior. Son coma ti” E cada día somos máis.
As persoas maiores somos a forza construtora do pasado, do presente e do futuro ao mesmo tempo que fomos as persoas xeradoras da maioría dos dereitos que hoxe mesmo disfrutamos.
Queremos ser factores activos. Celebrar esta fase da vida. Vivir na dignidade na igualdade de dereitos.
Queremos respecto. Facernos donas da nosa vida, reafirmando a nosa automía e independencia personal. Ver a xubilación como unha nova fase e unha oportunidade. En definitiva, estamos a falar de sermos unha nova persoa maior.
Esta nova persoa maior mostra limitacións, pero amosa incontables capacidades a disposición desta nova sociedade da que formamos parte.
Adáptase aos cambios que se van producindo na sociedade formando parte dela, como recentemente puidemos ver, e transmite ás xeracións seguintes as súas experiencias e coñecementos, a súa sabia experiencia, mellorando as relacións interxeracionais e sendo o pegamento e alicerce da cohesión familiar. Queremos sentirnos parte.
Queremos recoñecemento. Tomar decisións. Que se nos teña en conta.
Estimular todos os resortes que eviten a nosa dependencia. E que ninguén quede excluído por ser muller; por ser do rural, por ter unha discapacidade ou por vivir na periferia.
É a obriga das administracións públicas e das persoas que nos gobernan poñer recursos a disposición das persoas maiores e de prepararse para a sociedade que imos ser, na que este apartado está sendo prioritario.
Precisamos recursos económicos, sociais e infraestruturas destinadas a fomentar o envellecemento activo de cara a mellorar a nosa calidade de vida.
Debemos percibir pensións que garantan a nosa dignidade, autonomía e vida plena: servizos sanitarios e sanidade pública que acompañen no noso devir. Uns servizos sociais, acompañamento, prazas de residencia e de axuda á altura das necesidades reais, en escoita activa da cidadanía.
Con este noso manifesto fechamos as I Xornadas de Interacción Social das persoas maiores de Pontevedra poñendo énfase na interacción social.
As relacións sociais diminúen o sentimento de soidade e son un factor importante xa que non só melloran a calidade de vida, senón que tamén inflúen nunha maior lonxevidade. En Pontevedra sabémolo ben.
Podemos presumir de entidades con alta eficiencia social. Elas mesmas formaron parte destas xornadas demostrando o poder das persoas maiores. Da súa enerxía, implicación, esforzo, capacidade e voluntariado.
Queremos un novo modelo de cidade. Un modelo que pense na cidade que xa somos e máis aínda na cidade que imos ser. Unha cidade plenamente accesible, con igualdade de dereitos e servizos, tanto no centro como en todo o rural ou zonas da periferia. Unha nova Pontevedra para unha nova persoa maior.
Merecémolo.
Relacionadas:
-
La 'Lab Social-Xuntanza Proponte' conciencia de la importancia de la labor en red de los colectivos sociales
Por Redacción |
-
El grupo de teatro de la Uned Sénior cosecha un gran éxito con su representación de "La consulta del doctor"
Por Redacción |
-
Poemas, fotografías y dibujos para concienciar sobre el abuso sexual en la infancia en la sede de la UNED
Por Redacción |
-
Gran demanda de participantes en el curso de cocina que imparte en el Aula de la UNED en Portas el chef Miguel Piñeiro
Por Redacción |
-
Pontevedra se adhiere al acuerdo por la mejora de la salud juvenil de Galicia
Por Redacción |
-
89 estudiantes sénior se forman este curso en el Programa Universitario para Mayores del campus de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Mais Cantos y Nelson Quinteiro animan las Xornadas Interactivas de las Personas Mayores de Pontevedra
Por Redacción |
-
La UNED apoya a su alumnado sénior en unas jornadas interactivas
Por Redacción |