Isabel Couselo, elixida presidenta local do PP de Cuntis
Por Redacción
O congreso local do PP de Cuntis decidiu elixir presidenta local do partido conservador a Isabel Couselo, concelleira na corporación municipal desde 2019, enxeñeira técnica de Obras Públicas e enxeñeira técnico forestal, ademais de funcionaria técnica de medio ambiente no Concello de Pontevedra.
Luís López, presidente do Partido Popular de Pontevedra, sinalou que "hoxe comeza o cambio que en maio levará a Isabel Couselo á alcaldía de Cuntis" afirmando que os populares teñen á mellor candidata, ao mellor equipo e "ofrecemos o mellor proxecto". Pediu unión para intensificar o traballo durante os próximos meses para a cita coas urnas.
Fixo un repaso a municipios gobernados polo PP como Portas, Moraña ou Campo Lameiro indicando que "somos un partido no que se pode confiar". Destacou o traballo que Couselo está a realizar durante os últimos anos como portavoz do grupo municipal no Concello e destacou que a futura candidata á alcaldía é "clara e directa. Sen envoltorios. Está pegada á cidadanía".
Isabel Couselo mostrouse ilusionada por asumir esta nova etapa co obxectivo de fortalecer e alargar ao partido preparando un equipo forte cunha liña de traballo "baseada na seriedade, a responsabilidade, a rigorosidade e a capacidade de xestión e respecto".
Relacionadas:
-
Isabel Couselo, do PP, quere provocar un cambio no goberno de Cuntis coa súa candidatura
Por Redacción |
-
O PP anuncia a convocatoria do congreso local en Portas
Por Redacción |
-
Isabel Couselo e Carlos Costa, únicos candidatos a presidir o PP de Cuntis e de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
O voceiro do PP, Manuel Vázquez, dimite como concelleiro en Cuntis
Por Redacción |