O premio ao parque infantil de Campolongo xa está en Pontevedra
Por Redacción
Semanas despois de que se anunciara a concesión do premio ao parque infantil de Campolongo como o mellor das cidades de entre 50.000 e 150.000 habitantes, o galardón xa está na cidade.
Teresa Martínez, delegada comercial en Galicia de HPC Ibérica, a empresa que construíu este parque e que optou por presentalo aos primeiros premios Parques Urbanos, entregoullo este luns ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernandez Lores.
Estes premios teñen por obxecto recoñecer o concepto, deseño, construción, verificación, uso e mantemento dos parques urbanos realizados polos profesionais do sector.
HPC Ibérica foi a empresa gañadora da licitación do parque infantil de Campolongo que se inaugurou en febreiro de 2019. O orzamento daquela inversión achegouse aos 300.000 euros.
A empresa presentou este e outros proxectos da súa autoría aos primeiros premios Parques urbanos, convocados no marco do simposium Urban Solutions organizado polo Cluster de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL) a mediados de setembro en Vigo.