A Federación Castelao pide á Brilat a apertura das instalacións deportivas militares de Campolongo a toda a cidadanía
Por Redacción
Luís Cortés Delgado, xeneral xefe da Brigada VII Galicia, de Figueirido, mantiña este martes un encontro con representantes da Federación de Asociacións de Veciños de Pontevedra Castelao na que se trataron diferentes temas relacionados con esta base militar e o municipio.
O xeneral trasladou á federación a necesidade que actualmente teñen para ampliar a zona de adestramento militar. Sinalou que están a estudar diferentes alternativas ao monte de Salcedo mesmo fóra da comarca como é o caso de terreos no municipio de Lalín ou da provincia de Zamora.
Durante a conversación informábase os representantes veciñais das zonas onde están despregadas as tropas en diferentes puntos internacionais e sobre a actividade diaria na base Xeneral Morillo.
Entre as novidades transmitidas por Luís Cortés destaca a intención de abrir durante o próximo curso escolar unha gardería para bebés na base militar, que estaría aberta tanto para fillos do persoal da Brilat como para outros menores residentes en Pontevedra.
Pola súa banda, a federación solicitou a apertura das instalacións deportivas que o exército ten en Campolongo, nas proximidades ao edificio administrativo da Xunta de Galicia. Segundo indican os representantes veciñais, o máximo representante da Brilat non pechou as portas a esta petición indicando que, en todo caso, se trata dunha competencia propia do Ministerio de Defensa.
Tamén acordaron establecer unha canle de colaboración para desenvolver actos e actividades entre o exército e a cidadanía. Segundo a Federación Castelao, o xeneral mostrou o seu interese en manter unhas relacións fluídas coa veciñanza de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Asociación de Veciños Castelao quere a Rafa Domínguez como presidente da Deputación
Por Manu Otero |
-
O Goberno construirá 73 vivendas asequibles nos terreos de Defensa en Mollavao ou Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
A infantería celebra a festividade da patroa no cuartel militar de Figueirido
Por Redacción |
-
Defensa recruta en Pontevedra a 73 aspirantes para a escala de Tropa e Mariñeiría
Por Redacción |
-
Efectivos da Brilat completan a súa formación en xestión de emerxencias
Por Redacción |
-
A operación 'Centinela Gallego' pecha a súa última campaña con máis de 80 avistamentos de incidentes
Por Redacción |
-
Comeza o proceso selectivo para cubrir 100 prazas do Exército de Terra para a Brilat
Por Redacción |