Unha avaría no transformador de Campolongo deixou dez horas sen luz a toda a zona
Por Redacción
Entre os múltiples danos e incidencias provocadas polas choivas na madrugada do sábado atópase a inundación do transformador soterrado de Campolongo.
Segundo confirmaba Unión Fenosa Distribución (UFD) ás sete da mañá produciuse o corte na subministración eléctrica e o servizo recuperouse pasadas as cinco da tarde.
Foron dez horas sen luz que ocasionaron numerosos problemas a máis dun milleiro de abonados, que segundo Fenosa resultaron afectados.
Aínda que a avaría detectouse ás sete non foi ata tres horas máis tarde cando se presentaron os técnicos dunha subcontrata na zona para reparar a incidencia e tampouco os medios que tiñan eran os adecuados para acometer tal tarefa.
Relacionadas:
-
Fenosa soterrará a liña de alta tensión entre Mourente e Lusquiños
Por Alejandro Espiño |
-
Fenosa destina 168.000 euros á construción dun novo transformador e unha liña subterránea en Vilaboa
Por Redacción |
-
Haberá precipitacións tódolos días
Por Redacción |
-
A choiva provoca inundacións en varias rúas de Pontevedra
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada