Haberá precipitacións tódolos días
Por Redacción
Os técnicos de MeteoGalicia prevén ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período.
Este luns agárdase o paso dunha nova fronte. Será un día de ceos moi nubrados pola mañá con chuvias, que irán remitindo co avance da tarde. O vento soprará forte do sur á primeira hora, virando a compoñente oeste frouxo pola tarde, tras o paso da fronte.
Durante o martes continuaremos baixo a influencia das borrascas atlánticas, cunha fronte pouco activa rozando o noroeste de Galicia. Con esta situación teremos ceos con intervalos nubrados, estando máis abertos canto máis ó leste da Comunidade. Posibilidade dalgunha precipitación feble e ocasional no noroeste. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do suroeste, frouxos en xeral, moderados no litoral noroeste, con intervalos fortes nos arredores de Bares.
A xornada do mércores será de transición, chegando unha fronte na noite do mércores o xoves. Deste xeito, agárdase un aumento progresivo de nubes, con chuvias que comezarán pola tarde no extremo oeste de Galicia e iranse estendendo a toda a Comunidade, á vez que se farán máis intensas, durante a noite. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, quedando as máximas sen cambios. Os ventos soprarán do sur-suroeste, frouxos no interior, moderados na costa.
Relacionadas:
-
Unha avaría no transformador de Campolongo deixou dez horas sen luz a toda a zona
Por Redacción |
-
A choiva provoca inundacións en varias rúas de Pontevedra
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
As restricións de auga pola seca serán retiradas a vindeira semana
Por Redacción | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- As fortes choivas asolagan o pavillón de Monte Carrasco: "Foi unha salvaxada"
Por Diego Espiño |