Comeza a reforma integral do Matadoiro de Ponte Sampaio
Por Redacción
O Concello de Pontevedra segue adiante coa mellora das instalacións públicas na parroquia de Ponte Sampaio. Á ampliación da área infantil da Xunqueira e á reforma do acceso ao local social do Rañadoiro, súmase agora a rehabilitación integral do antigo Matadoiro da parroquia, reconvertido en local social dende hai anos.
Nesta semana iniciouse esta reforma que se irá executando por fases. A primeira parte é a substitución da envolvente da cuberta xa que a instalación tiña problemas de humidades importantes, que facían difícil o seu uso no inverno. A reparación da cuberta supón un investimento de 39.632 euros.
A continuación seguirase con outras melloras tanto no interior como no exterior do edificio.
O Matadoiro de Ponte Sampaio construíuse entre os anos 1952-1953, na Ballota, nos espazos gañados á ría, mentres Ponte Sampaio aínda era Concello independente de Pontevedra. Logo de deixar o seu uso, o Concello de Pontevedra puxoo a disposición da cidadanía para se empregase como Local Social.