Desbloqueada a ampliación e renovación da área infantil da Xunqueira de Ponte Sampaio
Por Redacción
O Concello de Pontevedra recibiu autorización de Costas para acometer a renovación integral e ampliación da área infantil situada na Xunqueira de Ponte Sampaio, unha instalación que conta cun gran uso durante todo o ano e en especial na tempada alta de verán ao estar situada xunto á praia fluvial.
Ao atoparse en terreos de dominio marítimo terrestre, para acometer a esperada actuación de mellora era necesiario contar co citado permiso de Costas.
Unha vez concedido, a intención segundo avanaza o goberno local é poder iniciar os traballos en ao redor de 15 días, contando cun orzamento de 48.350 euros.
Na actualidade este parque infantil atópase nun mal estado de conservación, co chan deteriorado, o valado oxidado e xogos que esgotaron a súa vida útil. Con todo optouse por non reparar os elementos ao entender os técnicos que non era posible.
O uso desta zona é tan elevado no verán, que nos últimos tempos ampliouse o número de elementos de xogo fóra do valado do parque e colocáronse na zona verde, xogos tamén afectados xa polo uso e o paso do tempo.
Agora a concellería dirixida por Raimundo González acordou ampliar a superficie de xogo do parque infantil co terreo no que se atopan os dous elementos de fóra do valado, polo que pasará a ter 225 metros cadrados.
A reforma inclúe cambiar o chan de caucho actual e amplialo á nova zona, instalar un novo valado de madeira e retirar todos os elementos de xogo que serán substituídos por outros, en concreto, por un barco, un carrusel xiratorio, un mini tobogán, un xogo de muelle de dúas prazas e un bambán dobre.
Relacionadas:
-
Heroes de Ponte Sampaio ve "unha tomadura de pelo" a xestión do Concello na praia fluvial
Por Redacción |
-
Ponte Sampaio inaugurará cunha festa o seu parque infantil remodelado
Por Alba Feijoo Alonso |
-
Comeza a reforma da área infantil da Xunqueira en Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Comeza a reforma integral do Matadoiro de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Seis anos pendentes de Costas en Ponte Sampaio: a falta de permisos impide mesmo mellorar o parque infantil
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |